Concello da Coruña

Concello da Coruña
Donete Triay 2023

Donete de cocido. Imaxe cedida por Taberna Triay

A Coruña homenaxea o 150 aniversario do nacemento de Picadillo cunha cea especial na Taberna Triay

O evento terá lugar o xoves 21 de novembro e as reservas terán que realizarse chamando directamente ao propio local

Cando:

14 de novembro de 2024

O Concello da Coruña organiza unha cea para o vindeiro xoves, 21 de novembro, con motivo do 150 aniversario do nacemento de Manuel María Puga e Parga 'Picadillo', escritor, gastrónomo e político que dá nome ao certame de tapas que o vindeiro venres 22 arrincará a súa vixésima edición.

O evento gastronómico terá lugar na Taberna Triay ás 21:00 horas e correrá a cargo de Manuel Triay, gañador do premio á Mellor Tapa Receitario Picadillo 2022 e á Mellor Tapa Creativa no 2023. Ademais, con esta última foi proclamado Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia no mesmo ano.

A cea, posta en marcha por Hijos de Rivera, estará baseada en tapas. Dúas delas serán precisamente as tapas coas que Manuel Triay gañou o certame de Picadillo nas súas respectivas categorías e o resto estarán elaboradas polo propio cociñeiro nunha homenaxe especial ao gastrónomo. O menú contará cunha maridaxe da familia de Cervezas 1906.

O prezo da cea é de 30 euros e para reservar será preciso chamar á Taberna Triay no número 604 055 456.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión