Venda de entradas no Centro de Interpretación (CIAV) (Centro de Interpretación e Atención ás persoas Visitantes) a partir das 09.45 horas ou a través da seguinte ligazón: Compra en liña
Luns, entrada libre. É necesario recoller o billete no punto de venda do CIAV.
Tarifa xeral |
|
3 € |
Tarifa reducida |
|
1,50 € |
Tarifa cero para colectivos especiais |
|
0 € |
Entrada gratuíta |
|
0 € |
Consulte os horarios de apertura da Torre de Hércules.
1 ao 15 de xuño e do 16 ao 30 de setembro |
De luns a domingo 09.45 a 17.30 Última venda ás 16.15 |
1 de outubro ao 31 de maio |
De luns a domingo 09.45 a 17.00 Última venda ás 15.45 |
16 de xuño ao 15 de setembro |
De luns a domingo 09.45 a 21.00 Última venda ás 19.45 |
*Nota: As oficinas e a Torre de Hércules permanecerán pechadas o 24, 25 e 31 de decembro e os días 1 e 5 (tarde) e 6 de xaneiro.
En aplicación do Plan de Autoprotección, o monumento permanecerá pechado con ventos de forza 7 ou superiores. Así mesmo, a terraza péchase cando os ventos superan a forza 5.
Acceso
As visitas están limitadas a 32 persoas cada media hora, a partir das 10.00 horas.
A venda anticipada no mesmo día pode dar lugar a que se cubra a capacidade diaria permitida antes da hora de peche. A Torre de Hércules informa as/os visitantes que prefiran mercar as súas entradas no momento de acceso directamente nos nosos despachos de billetes de que podería darse esta circunstancia, polo que non se lles podería permitir o acceso co fin de dar obrigado cumprimento á normativa vixente en canto a limitacións de capacidade.