Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Luns, entrada libre. É necesario recoller o billete no punto de venda do CIAV.
Tarifa xeral
Visitantes en xeral en días que non sexan de entrada gratuíta
3 €
Tarifa reducida
Menores de 16 anos, titulares de Carné Xove e maiores de 65 anos
Titulares do Carné Internacional de Estudante (ISIC) ou Carné Internacional de Profesor (ITIC)
Persoas en situación legal de desemprego, con presentación de documento acreditativo (España e Europa)
Membros de familia numerosa, con presentación de documento acreditativo
Grupos de máis de 20 persoas en visita concertada
1,50 €
Tarifa cero para colectivos especiais
Menores ata 3 anos
Persoas con algunha discapacidade física ou psíquica, logo da acreditación previa
Grupos educativos do municipio da Coruña en visita concertada
Profesorado responsable dos grupos ou guías turísticos/as no desenvolvemento das súas tarefas, logo da presentación previa do seu carné
Visitas patrocinadas polo Concello, logo da resolución previa que así o declare
Membros da Asociación de Amigos do Arqueolóxico e do International Council of Museums
Membros da Asociación Española de Museólogos
Xornalistas, presentando acreditación
Persoal docente debidamente acreditado
Persoas usuarias da Tarxeta Turística
Persoas con carné da UDC
0 €
Entrada gratuíta
Todos os luns do ano.
O Día Internacional dos Museos
Festivos locais
Día da Ciencia na Rúa e Semana da Ciencia
Terceiro sábado de cada mes, entre outubro e xuño
0 €
Horarios
Consulte os horarios de apertura da Torre de Hércules.
Do 16 de setembro
ao 15 de xuño
De luns a domingo
10:00 a 17:00
Última venda ás 15.45
Do 16 de xuño
ao 15 de setembro
De luns a domingo
10:00 a 21:00
Última venda ás 19:45
*Nota: As oficinas e a Torre de Hércules permanecerán pechadas o 24, 25 e 31 de decembro e os días 1 e 5 (tarde) e 6 de xaneiro.
En aplicación do Plan de Autoprotección, o monumento permanecerá pechado con ventos de forza 7 ou superiores. Así mesmo, a terraza péchase cando os ventos superan a forza 5.
Acceso
As visitas están limitadas a 32 persoas cada media hora, a partir das 10.00 horas.
A venda anticipada no mesmo día pode dar lugar a que se cubra a capacidade diaria permitida antes da hora de peche. A Torre de Hércules informa as/os visitantes que prefiran mercar as súas entradas no momento de acceso directamente nos nosos despachos de billetes de que podería darse esta circunstancia, polo que non se lles podería permitir o acceso co fin de dar obrigado cumprimento á normativa vixente en canto a limitacións de capacidade.