Programación maio-decembro 2025
Os mercados continuarán ata abril de 2026, e a programación do primeiro trimestre anunciarase a finais de ano
A programación de maio a decembro 2025 reforza o compromiso municipal coa promoción da economía circular e a dinamización do comercio local
30 de abril de 2025
O Concello da Coruña consolida por terceiro ano consecutivo, o programa dos Mercados da Economía Sostible, unha iniciativa que continuará a achegar a filosofía da compra responsable e o apoio ao produto sostible a todos os distritos da cidade. Unha aposta firme pola economía circular que se reforza grazas ao traballo impulsado polo Goberno de Inés Rey en materia de comercio de proximidade e consumo consciente.
A nova tempada, que se desenvolverá de maio de 2025 a abril de 2026, combinará dous tipos de mercados:
Como novidade neste novo período, os mercados sostibles chegarán a San Vicente de Elviña, a Praza das Conchiñas e a Praza da Tabacalera, ampliando así a rede de localizacións que xa incluía espazos como o Parque da Tirolina en Novo Mesoiro ou a Praza Pablo Iglesias no Castrillón. Desde o seu lanzamento en 2023, a iniciativa contou con máis de 38.000 visitantes, consolidándose como unha referencia na dinamización urbana e na promoción da sustentabilidade.
A programación de mercados prevista ata final de ano é a seguinte:
Programación maio-decembro 2025
Maio:
Xuño:
Xullo:
Agosto:
Setembro:
Outubro:
Novembro:
Decembro:
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, destacou que "os Mercados de Economía Sostible representan unha ferramenta estratéxica para apoiar o tecido comercial local e fomentar hábitos de consumo máis conscientes entre a cidadanía". Engadiu ademais que "coa ampliación da programación e a chegada a novos barrios, reforzamos o compromiso de levar a sustentabilidade a todos os recunchos da cidade".
Con esta nova edición, o Concello da Coruña reafirma o seu compromiso coa transición ecolóxica, a revitalización dos barrios e a construción dunha cidade máis verde e participativa.