Concello da Coruña

Concello da Coruña
Novos cursos de formación para persoas emprendedoras

Novas accións formativas para o autoemprego

A Concellería de Emprego, Comercio e Mercados organiza dous cursos de formación gratuítos, para persoas emprendedoras

Cando:

12 de maio de 2025

A Concellería de Emprego, Comercio e Mercados do Concello da Coruña organiza dous cursos de formación gratuítos, de 20 horas de duración cada un, para persoas emprendedoras.

O primeiro deles trátase dun curso de elaboración dun plan de empresa. O obxectivo é formar as persoas asistentes para que sexan capaces de realizaren un Plan de empresa que lles permita fixar a estratexia da súa empresa. O curso impartirase os días 26, 27, 28, 29 e 30 de maio, de 16.00 a 20.00 horas.

O segundo é un curso de comercialización e venda. O obxectivo é capacitar as persoas asistentes en comercializar produtos e servizos, dotalas e formalas en técnicas de venda e nos coñecementos básicos necesarios para desempeñaren con éxito a súa actividade comercial. Este curso impartirase os días 9, 10, 11, 12 e 13 de xuño, de 16.00 a 20.00 horas.

Ambos os cursos serán impartidos no centro municipal Accede Papagaio (praza do Papagaio, baixo, 15002 A Coruña). As inscricións son gratuítas, con inscrición previa, ata completar a capacidade.

Máis información e inscrición

Curso de elaboración de plan de empresa

Curso de comercialización e venda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión