Concello da Coruña

Concello da Coruña
Concerto Siloé na praia de Riazor A Coruña

Máis de 115.000 persoas asistiron aos concertos do Festival Noroeste Estrella Galicia

A praza de Azcárraga rexistrou un dos mellores atardeceres de mércores dos últimos anos, con case 1.800 persoas de público para os concertos de J.P. Bimeni e Annie and The Caldwells

Cando:

11 de agosto de 2025

A Coruña despediu esta fin de semana unha nova edición musical do Festival Noroeste Estrella Galicia, e xa van trinta e oito, na que 115.000 persoas gozaron varios concertos polos seis escenarios ao longo da xeografía da cidade herculina. Cinco días nos que se celebraron ata 38 concertos, todos eles gratuítos, con nomes como Luar na Lubre, La Yegros, Mondra, P.P Arnold, Guadi Galego, Siloé ou The Vaccines. Precisamente con estes últimos gozaron 28.000 persoas na noite do sábado, mentres que a xornada galega na praia, con Carlos Ares, Luar na Lubre e Grande Amore, xuntou 30.000 persoas.

A praza de Azcárraga rexistrou un dos mellores atardeceres de mércores dos últimos anos, con case 1.800 persoas de público para os concertos de J.P. Bimeni e Annie and The Caldwells. Albert Pla, con case 10.000 persoas, foi un dos máis exitosos de María Pita, e o Castelo de San Antón rexistrou un cheo total nos tres días nos que a música soou dentro da fortaleza.

O Mercado de Discos do Noroeste e o Mercado da Colleita foron dúas propostas alternativas con grande afluencia de público desde o xoves ata o domingo.

As artes escénicas pecharán o Noroeste en Santa Margarida

As artes escénicas pecharán de novo outra edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, como xa fixeran no pasado ano. Será no parque de Santa Margarida o domingo 17 de agosto, ás 19.30 horas, coas actuacións de Xosé A. Touriñán, David Amor, Javier Veiga, Lucía Veiga, Marita Martínez e Patricia Castrillón, nunha nova peza dos 'Contos ao Noroeste'.

As entradas poderanse adquirir na web www.ataquilla.com desde hoxe, 11 de agosto, a partir de 15 euros. 'Contos ao Noroeste" xurdiu na XXXVII edición do Festival Noroeste Estrella Galicia para complementar a programación musical con actividades para maiores e novas. Agora, regresa da man de humoristas galegos de primeiro nivel para despedir como se merece a trixésimo oitava edición do mellor festival do nordeste peninsular.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión