Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inés Rey: “O Galicia Fórum Gastronómico fai da Coruña a capital gastronómica de Galicia”

Polos diferentes postos e actividades pasarán decenas de cociñeiros e cociñeiras de primeiro nivel, sumando 27 Estrellas Michelín

A alcaldesa, Inés Rey, interviu na apertura do Galicia Fórum Gastronómico que terá lugar entre o 7-9 de abril en Expocoruña

Cando:

7 de abril de 2024

A Coruña acolle dende hoxe e ate o próximo martes 9 de abril o Galicia Fórum Gastronómico, o eventro profesional da gastronomía máis importante do noroeste peninsular. A alcaldesa, Inés Rey, interviu na apertura do evento que este ano prevé acoller máis de 22.000 visitantes.

"O Galicia Fórum Gastronómico fai da Coruña a capital gastronómica de Galicia" explicou a alcaldesa, quen sinalou que é un pracer acoller na cidade eventos tan destacados para a gastronomía nacional e internacional. Durante os tres días do Galicia Fórum, pasarán por polas cociñas, talleres e actividades decenas de cociñeiros e cociñeiras de primeiro nivel que suman, en total, 27 Estrellas Michelín.

Rey destacou o liderado da cociña coruñesa coa participación do grupo Coruña Cociña, con máis dunha decena de cociñeiros participantes. "Os mellores cociñeiros e cociñeiras están neste lado do Atlántico" aseverou, facendo referencia ao recoñecemento de Moncho do Millo na pasada edición co premio 'Mellor cociñeiro galego'. Tamén destacou a Luis Veira, embaixador gastronómico da imaxe turística deste ano 2024 e unha das figuras actuais máis destacadas da cociña galega. "Explicaba Luis que a cociña é froito da tradición e expresión do noso vínculo coa natureza e este Galicia Fórum Gastronómico é o mellor escaparate de todo ese talento culinario" sinalou Rey.

A alcaldesa rematou agradecendo ao Galicia Fórum que escollera unha vez máis A Coruña para a súa celebración. Tamén interviron Pep Palau, director de programa de Galicia Fórum Gastronómico; Ana Trevisani, directora do Galicia Fórum Gastronómico; Manel Piñón, trade marketing e relacións públicas de Estrella Galicia; Nava Castro, deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra; Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña; e José Gonzalez, conselleiro de Medio Rural. Tamén asistiu o concelleiro da Área de Fomento e Promoción da cidade, Gonzalo Castro; o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares; e o director Xeral Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión