Presentación Ecosystems2030
Ecosystems2030
Este prestixioso foro interdisciplinar contará con máis de 60 conferenciantes de referencia internacional de empresas como Microsoft, Meta, Google, Bosch, Red Bull ou Airbus
28 de febreiro de 2023
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu a presentación do congreso Ecosystems2030, que volverá este 2023 á cidade. Palexco acollerá os próximos 4 e 5 de maio este prestixioso foro internacional sobre innovación, que reunirá a máis de 60 conferenciantes de nivel mundial para analizar os desafíos da innovación e o impacto que terán nos próximos 10 anos a expansión de tecnoloxías emerxentes como a intelixencia artificial, a robótica, os sistemas e vehículos autónomos, a impresión 3D, as fintech ou a realidade virtual. "En Ecosystems2030 analizaranse os cambios que as novas tecnoloxías provocarán na sociedade e o modo no que as organizacións deben adaptarse a elas para conseguir ser relevantes no futuro", asegurou a alcaldesa, que subliñou o alto número de mulleres que participarán este ano no congreso.
Nesta segunda edición na cidade a relación de relatores procedentes dunha vintena de países inclúe altos executivos de compañías tecnolóxicas tan recoñecidas como Google, Meta, Microsoft, Intel, Oracle, IBM, Bosch e Philips. Tamén hai empresas líderes noutros sectores como Red Bull, Spotify, IKEA, Airbus ou PepsiCo. Tamén participarán dirixentes internacionais como o ministro de Economía Dixital e Emprendemento de Xordania, Ahmad Hanandeh, ou a expresidenta de Finlandia, Tarja Hallonen.
Ademais das conferencias individuais, a programación de Ecosystems2030 inclúe foros de debate específicos para abordar o futuro do transporte, as tecnoloxías emerxentes e os desafíos xeopolíticos. Tamén terá lugar unha sesión de traballo monográfica centrada en 'A saúde, a lonxevidade e o seu impacto económico'.
En canto á sesión aberta a toda a cidadanía, desenvolverase o venres 5 de maio entre as 15.45 e as 20.30 horas. Nesta sesión están programados foros de debate sobre como as diferentes industrias xestionan a innovación e o futuro da ciberseguridade.
Na rolda de prensa, presidida pola alcaldesa, Inés Rey, interviñeron tamén o presidente executivo de Ecosystems2030, Omar Hatamleh (en videoconferencia desde Houston), o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o director de Asuntos Corporativos de Hijos de Rivera, Antonio Viejo. "Coa estadía de Ecosystems2030 de novo na Coruña, continuamos avanzando no modelo de cidade que estamos a desenvolver e no que A Coruña é xa un gran referente en innovación e desenvolvemento tecnolóxico, e tamén no fomento do turismo de congresos e de negocios", sinalou Inés Rey .
A rexedora tamén quixo lembrar que este congreso alcanza unha dimensión máis alta logo da consecución da sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial: "A consecución da AESIA supoñerá un impulso determinante na xeración de emprego e na atracción de talento á nosa cidade como gran polo tecnolóxico de Galicia".
Listaxe de conferenciantes
● Pilar Manchón: Directora sénior de Estratexia de Investigación en Google AI
● Jason Wild: Vicepresidente e CEO de Innovación de Microsoft
● Rafa Camargo: Vicepresidente de Hardware en Laboratorios de Realidade de Meta
● Tomasz Nowkowski: Vicepresidente de Red Bull
● María Cortés Puch: Vicepresidenta da Rede de Solucións para o Desenvolvemento Sostible da ONU
● Marcus Spickermann: Vicepresidente sénior en Bosch
● Arijit Bandyopadhyay: Director de Tecnoloxía de Intel
● Mina Bastawros: Vicepresidente de Airbus
● Makoto Ochiai: Xerente global do Centro de Sistemas de Enerxía, Investigación e Desenvolvemento de Toshiba
● Lorna Ortiz-Soto: Xefa global de Tecnoloxía en Shell Oil
● Thomas Davin: Director de Innovación de UNICEF
● Ahmad Hanandeh: Ministro de Economía Dixital e Emprendemento do Reino Hashemita de Xordania
● Gabriel Perdiguero: Director de Transformación de Iberia
● Sandrine Gadol: Directora de Innovación de L´Oreal
● Jelena McWilliams: Ex presidenta da Corporación Federal de Seguros de Depósito (FDIC) de Estados Unidos
● Alessandro de Luca: Director de Información en Merck
● Billy Nolen: Administrador da Administración Federal de Aviación (FAA) de Estados Unidos
● Andreas Geiss: Vicepresidente sénior de Siemens
● Alaa Adel: Vicepresidente sénior de Oracle
● S.E. Saeed Aldhaderi: Director do Centro de Estudos do Futuro da Universidade de Dubai ● Juan Villamil: Director de Información en Imperial College London
● Andrés de León: CEO de Hyperloop Transportation Technologies
● Tarja Halonen: 11ª Presidenta de Filandia (2000-2012)
● Iveta Radicová: Presidenta de Eslovaquia (2010-2012)
● Sidney Madison Prescott: Xefa global de Automatización Intelixente de Spotify
● Rick Keating: CEO de Keating
● Bettina Schaller: Presidenta da Confederación Mundial do Emprego
● Jennifer Frueahuf: Directora de Estratexia de Innovación en Salesforce
● Alexandra Gonçalves: Directora Médica en Philips
● Ashok Banerjee: Vicepresidente sénior en Trellix
● Bader Hamdan: Vicepresidente de Twilio
● Jordi Ferrer: Vicepresidente e xerente xeral en Service Now
● Karen Florschuetz: Ex CEO de Servizos ao Cliente de Siemens
●Lara Habib: Presentadora sénior en AlArabiya
● Nikki Eberhardt: Emprendedora social global e profesora de negocios
● Michael Lewrick: Autor do bestseller "The Design Thinking Playbook". Deloitte
● Jennifer Stumn: Directora e fundadora do festival Ilumina e violinista de prestixio mundial
● Zenia Tata: Estratego en innovación
● Giuseppe Napo Montano: Vicepresidente de Robótica Móbil en Arrival
● Tim Haunschild: Mago e speaker sobre startups
● Alexandra Mousavizadeh: Socia en Tortoise Media e directora en Tortoise Intelligence
● Shelby Austin: CEO e cofundadora de Arteria AI
● Umran Beba: Ex vicepresidenta sénior de PepsiCo
● Derar Almanaseer: Director de Estratexia e Investimentos de ADNEC Group
● Aysegül Íldeniz: Líder global en tecnoloxía (ex vicepresidenta de Intel)
● Filiz Balçay: Directora rexional en Chiesi Group
● Steve Barsh: Ex socio xerente en Dreamit Ventures
● Notti Kushnir: CEO en MOV.AI ● Gaelle Hotellier: Directora de Operacións en Krohne Group
● Anahita Thoms: Socia líder mundial en Sustentabilidade de Baker Mackenzie
● Gerardo Portilla: Director de Enxeñaría en Peta Optik
● Fernando Domínguez: Vicepresidente de Desenvolvemento en SandboxAQ
● Jumana Ao-Sibai: Membro do Comité de Administración de MAHLE Group
● Abdalla Awidi: Director do Stem Cell Therapy Center
● Patricia Thaine: CEO de Private AI
● Mathias Artzt: Asesor legal sénior en Deutche Bank
● Onur Korucu: Vicepresidenta para Europa, Oriente Medio e África de Consultoría da Privacidade en TerzionDX
● Lonin Gali: Director de Información e Seguridade da Información en GIT1K
● V.R. Ferose: Vicepresidente sénior e xefe da Academia SAP para enxeñeiros
● Aysha Kan: Director de Información e Seguridade da Información en Treasure Data
● Vinayak Godse: CEO en Data Security Council of India