O vindeiro xoves 23 de febreiro ás 19.30 horas na Fundación Paidea
17 de febreiro de 2023
O Concello da Coruña inicia unha nova e terceira edición do exitoso Foro Pensando en Educación. Esta vez en formato charla, moderada por prestixiosas xornalistas da nosa cidade, e cunha nova sede, a Fundación Paideia.
O tema deste ano é "A Educación fronte aos retos da muller" que virá acompañado por referentes en diferentes ámbitos da sociedade.
Modera: Loreto Silvoso (Radio Voz)
Modera: Isabel Bravo (Cadea Ser)
Modera: Lara Viveiro (Onda Cero)
Entrada libre ata completar a capacidade do Salón de actos da Fundación Paideia
Praza de María Pita, 17, 15001 A Coruña
Documentos relacionados