Concello da Coruña

Concello da Coruña
vadis

"O éxito desta nova campaña turística da Coruña reflicte a directriz fixada pola alcaldesa, Inés Rey, de ser diferenciais á hora de promocionar o noso, apostando pola ficción e os nosos creadores"

A curtametraxe de promoción turística ‘Coruña Vadis’ supera á súa predecesora e acumula medio millón de visualizacións na súa primeira semana

A peza, creada e protagonizada por Javier Veiga, amosa o potencial turístico da cidade en ton humorístico

Cando:

6 de febreiro de 2026

A nova curtametraxe de promoción turística da Coruña supera á súa predecesora do ano anterior e acumula medio millón de visualizacións nos primeiros sete días desde a súa estrea. 'Coruña Vadis' acadou un gran número de visualizacións e viralizouse en distintas redes sociais polo seu ton humorístico que serve para amosar o potencial turístico da cidade

"O éxito desta nova campaña turística da Coruña reflicte a directriz fixada pola alcaldesa, Inés Rey, de ser diferenciais á hora de promocionar o noso, apostando pola ficción e os nosos creadores", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. 'Coruña Vadis', a nova curtametraxe turística da cidade, está dirixida e protagonizada, un ano máis, por Javier Veiga e coa participación de Xosé A. Touriñán. O Concello aposta por manter a mesma fórmula do pasado ano, cando foi presentada a curtametraxe 'Al Noroeste del Oeste', que tivo un amplo percorrido en redes sociais, centos de miles de reproducións e interaccións nas primeiras horas tras a súa estrea.

Nesta ocasión, a ficción transcorre na época do antigo Imperio romano. Quinto Veigus (Javier Veiga) chega á cidade e pídelle información da mesma a Cayo Touriñae (Xosé A. Touriñán), que lle expón as principais fortalezas da Coruña en ton humorístico. A curtametraxe completa pódese ver na canle de YouTube do Concello da Coruña.

A peza conta case con 170.000 reproducións en YouTube e 200.000 visualizacións en IG, redes sociais nas que acadou unha maior repercusión xunto a Facebook, con 70.000 interaccións. En Youtube supera en 20.000 reproducións as estatísticas da súa predecesora na primeira semana desde a súa estrea. En Instagram acumula 25 días e 6 horas de reprodución do contido. Ademais, a curtametraxe foi moi difundida a través de WhatsApp, principal vía pola que se compartiu segundo YouTube Studio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión