Concello da Coruña

Concello da Coruña
Coliseum recinto feiral A Coruña

A Coruña, única parada galega na xira de Pablo Alborán o próximo ano

O concerto será o 4 de xullo e as entradas estarán dispoñibles este luns 22 en prevenda e o mércores 24 en xeral

Cando:

16 de setembro de 2025

A Coruña será a única parada galega da xira 'Global Tour' de Pablo Alborán, que actuará o próximo ano nun total de nove cidades españolas. O Coliseum será o recinto que acollerá o concerto do malagueño o sábado 4 de xullo. Esta é unha das grandes actuacións anunciadas para o próximo ano na cidade herculina e no "recinto multiusos máis importante do noroeste", como indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Pablo Alborán presentou hoxe a súa nova xira mundial anunciando tamén as datas nas que o público poderá adquirir as entradas. Para a súa actuación no Coliseum haberá prevenda en SMusic o luns 22 ás 10:00 horas, mentres que outra prevenda estará dispoñible para os fans o mércores ás 11:00 horas. Ese mesmo día, pero ás 17:00 horas, iniciarase a venda xeral. Estas entradas poderán adquirirse en Enterticket, Ataquilla e na praza de Ourense.

A do próximo ano será a quinta ocasión na que o artista se suba ao escenario do multiusos coruñés. Debutou no Coliseum no 2013, repetindo novamente nas xiras do 2015, 2018 e 2023. Foron algo máis de 30.100 espectadores os que gozaron dos seus concertos no recinto municipal, o que supón unha media de máis de 7.500 espectadores por actuación.

Polo momento xa confirmaron a súa presenza na Coruña durante o 2026 artistas e bandas como Dani Martín (por partida dobre), Mikel Izal, Hijos de la Ruina ou Celtas Cortos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión