Feira Primavera no Camiño, en Abegondo.
A Asociación de Concellos do Camiño Inglés confirma que a VII Edición da Feira Primavera no Camiño poderá ter lugar na Coruña
10 de xuño de 2023
O Concello da Coruña participa na Primavera no Camiño, que terá en Abegondo, para promocionar o Camiño Inglés. Cunha caseta propia nesta feira, o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña ofrece aos visitantes información sobre esta ruta de peregrinación a Compostela na que esta cidade atlántica xoga un papel fundamental. A Asociación de Concellos do Camiño Inglés confirma que na 2024 VII Edición de Primavera no Camiño poderá ter lugar na Coruña. Ademais, a Confederación de Axencias de Viaxes de España comprometeuse con Turismo da Coruña para facer o Camiño Inglés o próximo ano, na primavera de 2024.
Impulsar o Camiño Inglés desde A Coruña é o obxectivo fundamental. Este itinerario parte desde o balcón Atlántico ata a Catedral de Santiago. Unha gran parte dos romeiros con destino a Compostela chegaban por mar, gran parte deles procedentes do norte de Europa, por iso o porto da Coruña foi sempre fundamental no tráfico xacobeo. O Concello da Coruña forma parte da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a feira promocional terá lugar en Beche (Abegondo), na Explanada do Encoro de Beche.
Atractivo turístico
O peregrino inglés William Wey, fundador do Eton College de Windsor, foi un dos principais divulgadores deste itinerario, describindo A Coruña como punto de confluencia de barcos chegados de Inglaterra, Gales, Irlanda, Normandía, Francia ou Bretaña: porta de entrada de camiñantes de distintas procedencias. A ruta comeza na Igrexa de Santiago, pasa por María Pita, segue pola Mariña, praza de Ourense, Catro Camiños e avenida de Monelos cara a Eirís, ata cruzar a Culleredo e seguir, 68 quilómetros, cara a Santiago.
Feira en Abegondo