Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña afiánzase como destino MICE coa programación da 29 edición do congreso da SETH

O evento, organizado pola Sociedade Española de Transplante Hepático, arrancará mañá en PALEXCO

Cando:

14 de novembro de 2023

A Coruña é esta semana un punto de encontro de expertos en materia de ciencia, investigación e sanidade. Mañá arrancará en PALEXCO a 29ª edición do congreso da SETH, a Sociedade Española de Transplante Hepático. Un novo e importante evento dentro do sector que se une tamén ao foro de investigación oncolóxica da ASEICA, que se desenvolve desde hoxe en ExpoCoruña.

No congreso da SETH non só destacan as sesións e presentacións científicas, senón tamén a grande exposición da industria farmacéutica a través da presenza das compañías máis importantes no campo do transplante hepático.

Un evento no que ademais se fará entrega do premio anual Carlos Margarit á mellor Comunicación Oral presentada no congreso ou ao mellor póster avaliado polo Comité Científico.

A Coruña afiánzase como destino MICE

O congreso da SETH é outro exemplo máis de que a cidade da Coruña é perfecta para acoller eventos desta índole, afianzando a súa posición como destino MICE.

A súa localización, as súas óptimas infraestruturas e a proximidade entre espazos relevantes a nivel conexións ou transporte son algunhas das características que permiten que, durante todo o ano, A Coruña acolla eventos tan relevantes como o XXII Congreso Nacional e a III Internacional da Sociedade Española de Psicoloxía Clínica (ANPIR), o 40 Seminario de Enxeñaría Hospitalaria, o congreso científico International Gap Junction Conference 2022 ou a X Reunión anual da estado da arte en insuficiencia cardíaca.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión