
O evento contará con 20 poñentes expertos nacionais e internacionais na aplicación de intelixencia artificial ao deporte
18 de novembro de 2025
O Palacio Municipal de María Pita acolleu este martes a presentación do congreso Techsportnow, un evento sobre deporte, innovación e intelixencia artificial. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou no acto, incidindo en que "o Goberno de Inés Rey está impulsando numerosas iniciativas vinculadas ás novas tecnoloxías e á aplicación da intelixencia artificial, que tiveron como xerme a instalación na cidade da AESIA". Castro estivo acompañado do presidente de Agaxede e director do congreso, Eduardo Blanco.
A primeira edición deste congreso celebrarase este 21 e 22 de novembro no paraninfo da Universidade da Coruña. Está organizado pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede) e conta co apoio do Concello da Coruña. Durante ambas xornadas participarán 20 poñentes expertos en IA aplicada ao deporte procedentes de España, Portugal e Latinoamérica, destacando a presenza de Alejandro Blanco, presidente do Comité Olímpico Español e Ignasi Belda, director xeral da AESIA. Ata o de agora hai máis de 300 persoas inscritas.
O programa do congreso estrutúrase ao redor de catro bloques temáticos:
O congreso combina relatorios, mesas redondas e comunicacións para ofrecer unha visión da relación existente entre o deporte e a tecnoloxía.