Concello da Coruña

Concello da Coruña
Xosé Lois Romero e Aliboria no AgoraSón primavera 2025

Xosé Lois Romero e Aliboria no AgoraSón da primavera 2025

Co motivo do Día das Letras Galegas, Normalización Lingüística organiza o AgoraSón primavera 2025.

Cando:

30 de maio de 2025

Normalización Lingüística volve organizar o concerto do AgoraSón primavera (co gallo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.

O Día das Letras Galegas dedícase este ano á poesía popular oral (personificada en seis cantareiras e pandeireteiras) e o AgoraSón conmemorarao co concerto de Xosé Lois Romero e Aliboria.

Xosé Lois Romero e Aliboria son uns grandes renovadores da música de raíz e folk. Nos seus proxectos teñen temas tradicionais e innvovadores, xiran arredor do canto tradicional feminino e da percusión tradicional e mestúrana coa vangarda, co contemporáneo. Afirman que "a tradición galega é moi feminina, tanto o canto como a percusión en Galicia é obra das mulleres", e isto é o que este AgoraSón vai celebrar.

O evento terá lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora o venres 30 de maio, ás 21.00 horas.

A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais a partir do venres anterior, o 23 de maio. 

Repartimento de invitacións

Repatiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CD de música etc.) dende o venres 23 de maio, nas bibliotecas municipais, no horario de apertura de cada centro.

Faranse dúas quendas de repartimento:

  • Horario de mañá: a partir das 9.00 h 
  • Horario de tarde: a partir das 16.00 h

Consulta os Horarios  de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.

Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión