A artista súmase así a unha lista de máis de 35 concertos confirmados, sen contar os enmarcados nos festivais, para o que queda de ano
10 de xuño de 2025
Rosario Flores regresa á Coruña para presentar Universo de ley, o seu novo disco, a través dunha xira homónima que resume máis de tres décadas de carreira musical e na que interpretará todos os seus grandes éxitos. Unha cita moi especial que terá lugar o 13 de decembro no Palacio da Ópera. "O Goberno Inés Rey de aposta por ofrecer todos os meses do ano actuacións musicais de máxima calidade nos diferentes espazos municipais, e consolidar así a posición da Coruña como gran polo cultural de Galicia", sinala Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Recoñecida polo seu inconfundible estilo que fusiona flamenco, pop e ritmos latinos, Rosario Flores é unha figura indispensable da música española. Ao longo dos seus máis de trinta anos de carreira lanzou unha quincena de discos e recibiu numerosos recoñecementos, entre os que se poden destacar: tres Grammy Latinos, doce Discos de Platino, tres Premios Ondas e a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. Ademais, os seus espectáculos en vivo, cheos de enerxía e paixón, convertérona nunha das artistas máis queridas polo público.
O álbum que agora presenta nesta xira é unha homenaxe aos seus inicios e nel, Rosario, volveu gravar os seus primeiros éxitos a dúo con grandes figuras mundiais da música hispana. A xira, que xa pasou por moitas grandes cidades e colgou o cartel de "entradas esgotadas" na gran maioría, promete momentos inesquecibles, con interpretacións de temas emblemáticos como "Sabor, sabor", "Como quieres que te quiera", "Qué bonito" ou "No dudaría".
As entradas para este concerto, que conta co apoio do Concello da Coruña, xa están dispoñibles na web da promotora www.emotionalevents.es.
A Coruña, o gran polo musical de Galicia
Rosario Flores é unha das últimas confirmacións musicais que actuarán na Coruña, xa considerada por moitos como o gran polo musical de Galicia. E é que a cidade sóubose situar como referente en canto a concertos de solistas e bandas nacionais e internacionais, ofrecendo actuacións de primeiro nivel en diferentes espazos.
Pero aos grandes concertos e festivais tamén se suman os espectáculos que teñen lugar durante todo o ano nas salas de concertos onde o rock, o jazz, o metal ou o indie sempre están á orde do día.
Listaxe dos principais concertos pendentes para este ano na Coruña:
Tony Ann - Teatro Colón - 12/06/2025
Chucho Valdés - Teatro Colón - 16/06/2025
Camela - Coliseum - 20/06/2025
Rigoberta Bandini - Coliseum - 21/06/2025
La Guardia - Explanada Riazor - 23/06/2025
Hey Kid - Explanada Riazor - 23/06/2025
The Alan Parsons Project - Palacio da Ópera - 24/06/2025
Trueno - Coliseum - 27/06/2025
Pablo López - Coliseum - 05/07/2025
Alanis Morissette - Coliseum - 09/07/2025
Miguel Bosé - Coliseum - 11/07/2025
Marc Anthony - Peirao de Batería - 13/07/2025
Il Divo - Parque de Santa Margarida - 19/07/2025
Lionel Richie - Coliseum - 31/07/2025
Alejandro Fernández - Coliseum - 17/08/2025
Cano - Coliseum - 11/09/2025
Pimpinela - Palacio da Ópera - 13/09/2025
Joaquín Sabina - Coliseum - 18, 20/09/2025
Carminho - Palacio da Ópera - 19/09/2025
Quevedo - Coliseum - 26-27/09/2025
Coque Malla - Palacio da Ópera - 04/10/2025
Andy y Lucas - Palacio da Ópera - 05/10/2025
Mora - Coliseum - 09/10/2025
Duki - Coliseum - 12/10/2025
Antonio Orozco - Coliseum - 18/10/2025
Revólver - Teatro Colón - 08/11/2025
Vanesa Martín - Palacio da Ópera - 08/11/2025
Los Secretos e Pancho Varona - Palacio da Ópera - 22/11/2025
Ana Belén - Palacio da Ópera - 23/11/2025
Fito y Fitipaldis - Coliseum - 28/11/2025
Sen Senra - Coliseum - 12/12/2025
David Bisbal - Coliseum - 13/12/2025
Rosario Flores - Coliseum - 13/12/2025
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre - Teatro Colón - 20/12/2025
Carlos Núñez - Coliseum - 26/12/2025
Lista dos festivais programados para o verán
Wake Up Festival - Parque de Bens - 04-05/07/2025
Morriña Fest - 25-26/07/2025
Atlantic Pride - 6-13/07/ 2025
Ciclo Coruña Sounds: Leiva (12/07), Arde Bogotá (19/07), Joaquín Sabina (18, 20/09)
Son do Nordés: Luis Fonsi (17/07), Al Bano & Romina Power (18/07), Il Divo (19/07) e Diego 'El Cigala' (20/07)
Recorda Fest - Peirao de Batería - 5-6/09/2025