O prazo de matrícula permanecerá aberto do 25 ao 30 de xuño, ambos os días incluídos.
23 de xuño de 2025
O Concello da Coruña, logo de revisar as alegacións presentadas ante as listas provisionais publicadas o pasado luns 2 de xuño, publicou hoxe, luns 23 de xuño, as listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas no proceso ordinario de admisión para o curso 2025-2026 da Rede de Escolas Infantís Municipais.
As listas están dispoñibles para a súa visualización e/ou descarga na páxina do Proceso de admisión na REIM da web de Educación do Concello.
A partir do próximo mércores 25 de xuño e ata o luns 30 de xuño permanecerá aberto o prazo de matrícula.
Tal e como se indica nas bases reguladoras do proceso de admisión, a matrícula será xestionada por cada unha das escolas da REIM. A persoa solicitante deberá dirixirse á escola asignada e presentar a seguinte documentación: