Campacoles 2025
Os días 26 e 27 de maio poderanse presentar reclamacións e o sorteo de prazas realizarase o 29 de maio.
23 de maio de 2025
O Concello da Coruña publicou hoxe, venres 23 de maio, as listaxes provisionais dos distintos campamentos que conforman os "Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2025".
Entre eles atópanse os Campacoles, campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor organizados pola Federación Provincial de ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de responder ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo).
As listaxes pódense consultar na páxina do programa Campacoles 2024-25 ou na páxina dos Campamentos de Verán 2025 .
Coa publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas, ábrese un prazo de reclamacións, os días 26 e 27 de maio, e o sorteo das prazas terá lugar o xoves 29, ás 10.00 horas.
Datas destacadas:
Documentos relacionados