Concello da Coruña

Concello da Coruña
PAU2025

A recepción estivo presidida pola alcaldesa, Inés Rey, quen estivo acompañada pola coordinadora de Maestrados e representante da UDC na CIUG, Elisa Beceiro, e o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego.

O Concello homenaxea o alumnado da cidade cos mellores expedientes na PAU 2025

Inés Rey: “A Coruña necesita e quere contar co talento desta xeración”

Cando:

9 de xullo de 2025

O Concello da Coruña celebrou esta mañá no Salón de Sesións de María Pita o acto de recoñecemento ao alumnado que acadou as mellores cualificacións na Proba de Acceso á Universidade (PAU) 2025.

A recepción estivo presidida pola alcaldesa, Inés Rey, quen estivo acompañada pola coordinadora de Maestrados e representante da UDC na CIUG, Elisa Beceiro. No acto participou tamén o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego.

Durante o evento, a alcaldesa destacou que "estes expedientes falan de traballo constante, de superación e de compromiso cun futuro que xa está a comezar", e subliñou que "a cidade da Coruña está orgullosa dunha xeración que responde con talento e esforzo aos novos retos educativos". A rexedora agradeceu tamén o papel das familias e do profesorado, "pezas fundamentais para acadar estes resultados".

Foron distinguidos/as 16 estudantes coruñeses polos seus expedientes académicos:

  • Pedro Peteiro Vázquez, do CPR Liceo La Paz
  • Óscar Hermida Rodríguez, do IES Eusebio da Guarda
  • Marco Miguélez García, do IES Rafael Puga
  • Celia Deus Padín, do CPR Calasanz
  • María Penabad Ferro, do IES Adormideras-Sardiñeira
  • Miguel Antonio Garaboa Fernández, do CPR Cristo Rey
    • Recolleu o diploma a súa nai, Pilar Fernández Fernández
  • Lucas Eiroa Osoro, do IES Monelos
    • Recolleu a súa profesora, Paula Pazos
  • Blanca López Crespo, do CPR Eirís
    • Recolleu a súa prima, Inés Bonet Crespo
  • Amalia García Blanco, do IES Monelos
  • Sara Ramos Díaz, do CPR Obradoiro
  • Antía del Corro Rodríguez, do IES Eusebio da Guarda
    • Recolleu o seu amigo, Lucas Piñeiro Parra
  • Carmen Abella Rodríguez, do CPR Santa María del Mar
  • Claudia Díaz López, do IES Eusebio da Guarda
  • Pablo González Faginas, do CPR Obradoiro
    • Recolleu a súa nai, Sandra Faginas
  • Javier Serantes Álvarez, do IES Eusebio da Guarda
  • Cristina Paz Pérez, do IES Monelos

Inés Rey animou o alumnado a continuar formándose, lembrando que "A Coruña será sempre unha cidade aberta ao talento, á ciencia, á creatividade e ao coñecemento" e sinalou que "queremos que sigades medrando, pero tamén que saibades que aquí hai oportunidades e futuro".

A convocatoria da PAU 2025 contou con 2.722 estudantes examinados/as nas seis sedes da Universidade da Coruña na cidade. Máis da metade dos centros educativos da Coruña acadaron o 100% de aprobados na fase xeral, o que reflicte o alto nivel académico do alumnado e o compromiso dos equipos docentes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión