As entradas para as oito sesións, que contarán con coloquios especiais, xa están á venda
26 de xuño de 2025
O ciclo de cine Cinenterraza, que celebra a súa edición número 12, volve este mes de xullo ao Fórum Metropolitano cun repaso a grandes películas do xénero denominado 'cult movies' ou cinema de medianoite. "Desde o Goberno de Inés Rey promovemos iniciativas cinematográficas singulares ao longo de todo o ano para achegar á cidadanía grandes clásicos e filmes de moda, coa fin de facer máis doado o seu acceso a estas películas", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
O ciclo Cinenterraza permite gozar no Fórum Metropolitano de cine en versión orixinal e complementa unha oferta que se prolonga durante todo o ano con outras iniciativas municipais como o Documental do Mes ou Estreas en VO. As entradas para as oito sesións que se celebrarán neste mes de xullo, os mércores e os xoves con inicio ás 22.30 horas, xa están á venda a través de Ataquilla, a praza de Ourense ou o propio Fórum. O prezo, con carácter xeral, será de 3 euros, con desconto para persoas desempregadas, xubiladas ou usuarios de Carné Xove.
Cada sesión contará cunha persoa convidada e tras a proxección, que terá lugar no vestíbulo, haberá un coloquio aberto a todas as persoas asistentes. A selección das películas desta edición abrangue cinema de distintos períodos históricos cunha ampla variedade de xéneros e países.
Programación de Cinenterraza
2 de xullo de 2025
LA PASSION DE JEANNE D'ARC (La pasión de Juana de Arco), de Carl Theodor Dreyer
3 de xullo de 2025
LLE SILENCE DA MER (El silencio del mar), de Jean-Pierre Melville
9 de xullo de 2025
UNDER THE VOLCANO (Bajo el volcán), de John Huston
10 de xullo de 2025
OHAYO (Buenos días), de Yasujirö Ozu
16 de xullo de 2025
SCARLET STREET (Perversidade), de Fritz Lang
17 de xullo de 2025
THE BROOD (Cromosoma 3), de David Cronenberg
23 de xullo de 2025
THE ADICTION, de Abel Ferrara
24 de xullo de 2025
SOMMAREN MED MONIKA (Un verano con Mónica), de Ingmar Bergman