Concello da Coruña

Concello da Coruña
foro pensando

As Tanxugueiras abren unha nova edición do Foro Pensando en Educación

O vindeiro xoves 23 de febreiro ás 19.30 horas na Fundación Paidea

Cando:

17 de febreiro de 2023

O Concello da Coruña inicia unha nova e terceira edición do exitoso Foro Pensando en Educación. Esta vez en formato charla, moderada por prestixiosas xornalistas da nosa cidade, e cunha nova sede, a Fundación Paideia.

O tema deste ano é "A Educación fronte aos retos da muller" que virá acompañado por referentes en diferentes ámbitos da sociedade.

  • A Educación fronte aos retos da muller no mundo da música o 23 de febreiro, 19.30-21.00 h con Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro (Tanxugueiras).

Modera: Loreto Silvoso (Radio Voz)

  • A Educación fronte aos retos da muller no mundo dos deportes o 30 de marzo, 19.30-21.00 h con Raquel García (RCDeportivo) e Sofía Toro (xerenta do Clúster Galego da Industria do Deporte o do Benestar e medallista olímpica en vela)

Modera: Isabel Bravo (Cadea Ser)

  • A Educación fronte aos retos da muller no mundo do teatro, cinema e interpretación o 27 de abril, 19.30-21.00 h con Isabel Blanco (actriz e presentadora) e Mariana Carballal (actriz e directora)

Modera: Lara Viveiro (Onda Cero)

Entrada libre ata completar a capacidade do Salón de actos da Fundación Paideia

Praza de María Pita, 17, 15001 A Coruña

Documentos relacionados

  • Dosier (1 Bytes)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión