Unha vez finalizada a fase de matrícula común para o curso 2025/2026, ábrese un prazo extraordinario (convocatoria de xullo) para solicitar praza na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2025/26.
4 de xullo de 2025
O Concello da Coruña abrirá o vindeiro luns, día 7 de xullo, unha nova convocatoria de prazas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM).
Tras a finalización, o pasado 30 de xuño, do período de matrícula ordinaria para o curso 2025/26, esta convocatoria extraordinaria permitirá solicitar as prazas vacantes dispoñibles en sete das oito escolas que forman parte da Rede (a EIM A Caracola non dispón de prazas vacantes).
En total, ofértanse 109 prazas distribuídas tal e como se indica na seguinte táboa:
Escola | 0-1 anos (2025) | 1-2 anos (2024) | 2-3 anos (2023) | Total de prazas vacantes |
---|---|---|---|---|
EIM A Caracola | 0 | 0 | 0 | 0 |
EIM Agra do Orzán | 7 | 0 | 8 | 15 |
EIM Arela | 0 | 0 | 11 | 11 |
EIM Carricanta | 0 | 0 | 9 | 9 |
EIM Os Rosales | 8 | 0 | 17 | 25 |
EIM Luis Seoane | 0 | 0 | 2 | 2 |
EIM Monte Alto | 0 | 0 | 6 | 6 |
EIM Os Cativos | 13 | 7 | 21 | 41 |
Total | 28 | 7 | 74 | 109 |
O prazo de solicitude de novos ingresos permanecerá aberto do 7 ao 18 de xullo, ambos os días incluídos. As persoas interesadas en solicitar praza nas EIM poderán facelo a través do formulario habilitado para ese efecto: https://edu.coruna.gal/infantil/solicitude/solicitude_publica_reim/
Máis información sobre o proceso de admisión: Proceso de admisión