Concello da Coruña

Concello da Coruña
Programa Inicia

Aberto o prazo de solicitude no programa Inicia curso 2025-2026

O programa municipal, que comezou en maio, continúa este luns, 9 de xuño, cun curso centrado na comercialización de produtos e servizos

Cando:

11 de xullo de 2025

Os centros de formación profesional que desexen participar no Programa de Difusión da Cultura Emprendedora INICIA que organiza a Concellería de Emprego , Comercio e Mercados, xa poden realizar a súa inscrición.

O Programa Inicia ten como destinatarios o alumnado de ciclos formativos e de ensinos especiais da cidade. Os participantes realizarán un proxecto empresarial e analizarán a súa viabilidade co apoio de persoal especializado.

A formación do programa desenvolverase durante os meses de setembro a decembro da seguinte forma:

  • Sesión conxunta de MOTIVACIÓN para o alumnado participante, que se celebrará nunha sesión dentro da primeira quincena de setembro, no Centro Ágora (R/ Lugar da Gramela, 17).
  • No mes de outubro impartirase o módulo formativo PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO na sede de cada Centro educativo participante.
  • Durante o mes de decembro impartirase o módulo de PRESENTACIÓN DE PROXECTOS en cada Centro Educativo participante. Os interesados poderán facer prácticas deste módulo no Centro de Empresas ACCEDE PAPAGAIO.

Os 15 mellores proxectos serán seleccionados para participar na Feira de Ideas, que se celebrará entre o 23 e o 26 de febreiro no Fórum Metropolitano.

Ademais, o concello entregará os Premios "Formación para Emprender" aos 3 mellores proxectos, ao centro máis implicado e ao profesor que tutorizó o proxecto gañador.

As inscricións para participar pódense realizar a través do formulario picando nesta ligazón.

O prazo de inscrición finaliza o 3 de setembro de 2025.

CONTACTO:

Departamento de Promoción Económica

  • Teléfono: 981 189 887
  • Mail: empresa@coruna.gal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión