Concello da Coruña

Concello da Coruña
Palexco A Coruña 2026

A Coruña acollerá en febreiro do 2026 o terceiro cumio REAIM, unha cita internacional que se celebra por primeira vez en España

A cidade será o escenario no que se debaterá sobre o uso responsable da intelixencia artificial no ámbito militar

Cando:

5 de decembro de 2025

A Coruña continuará o próximo ano sendo un referente no turismo MICE non só por acoller numerosos congresos e eventos ao longo do ano (xa hai programados unha quincena), senón tamén por albergar o terceiro cumio REAIM (Responsible Artificial Intelligence in the Military domain), converténdose así no escenario internacional do debate sobre o futuro do uso responsable da intelixencia artificial no ámbito militar.

Representantes de gobernos, organizacións internacionais, empresas, universidades e sociedade civil reuniranse os días 4 e 5 de febreiro de 2026 nas instalacións de PALEXCO para avanzar en medidas reais e aplicables que garantan un uso seguro e ético da IA en defensa.

"A elección da Coruña reforza o noso papel como referente en innovación e tecnoloxía, impulsado pola colaboración entre os Ministerios de Exteriores e Defensa, o Concello da Coruña e a Axencia Española para a Supervisión da Intelixencia Artificial, xunto a Países Baixos e a República de Corea", destacou a alcaldesa Inés Rey.

Deste xeito, A Coruña releva á Haia e Seúl nun evento de ámbito mundial que impulsará a presenza internacional da cidade, sendo tamén a primeira vez que o cumio REIM recala en España.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión