Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña
gfufdkdgjk

Guitarricadelafuente e Myke Towers pechan un intenso mes de maio no Coliseum

As últimas entradas para o artista valenciano continúan á venda en Ataquilla e na praza de Ourense

Cuándo:

19 de mayo de 2025

Tras o cheo absoluto de Chayanne deste domingo, o Coliseum afronta outra semana intensa no musical con dobre actuación, venres e sábado, de dous artistas de estilos moi diferentes pero cunha gran repercusión nacional e internacional: Myke Towers e Guitarricadelafuente.

Cunha carreira meteórica que o posiciona como un dos artistas máis escoitados en España, Myke Towers non só conquistou cos seus éxitos a nivel mundial, senón que demostrou ser un fenómeno imparable na industria musical. O seu regreso a Galicia o venres 23 de maio chega tras un ano repleto de éxitos, coroado con tres premios nos prestixiosos.

Esta xira europea levará a Towers por cidades icónicas como Londres, París, Zurich, Madrid, Barcelona e Sevilla, pero a súa única parada en Galicia será na Coruña, reafirmando a súa conexión co público galego, que xa viviu a súa maxia na súa anterior visita. Todas as entradas están xa esgotadas.

Por outra banda, Álvaro Lafuente, coñecido artisticamente como Guitarricadelafuente, regresa aos escenarios este ano cunha xira que percorre as principais cidades de España. Este circuíto non só marca o lanzamento do seu novo álbum, senón que tamén ofrecerá unha experiencia única para os seus seguidores, cun repertorio que combinará temas inéditos con algúns dos grandes éxitos que o consolidaron como un dos artistas máis prometedores da música actual.

A xira, deseñada coidadosamente para conectar de forma directa e próxima co público, ofrecerá concertos exclusivos en recintos seleccionados, garantindo unha atmosfera íntima e única. Guitarricadelafuente pon especial énfase en crear espectáculos singulares, cun formato pensado para destacar a nova etapa que está a vivir na súa carreira. Será a súa única actuación en Galicia e as entradas están á venda en Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión