Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Luns, entrada libre. É necesario recoller o tícket no punto de venda do CIAV.
Tarifa xeral
Visitantes en xeral en días que non sexan de entrada gratuíta
3 €
Tarifa reducida
Menores de 16 anos, titulares de Carné Xove e maiores de 65 anos.
Titulares do Carné Internacional de Estudante (ISIC) ou Carné Internacional de Profesor (ITIC).
Persoas en situación legal de desemprego, con presentación do documento acreditativo (España e Europa).
Membros de familia numerosa, con presentación do documento acreditativo.
Grupos de máis de 20 persoas en visita concertada.
1,50 €
Tarifa cero para colectivos especiais
Persoas con algunha discapacidade física ou psíquica, logo da previa acreditación
Grupos educativos do municipio da Coruña en visita concertada
Profesorado responsable dos grupos ou guías turísticos/as no desenvolvemento das súas tarefas, tras a previa presentación do seu carné
Visitas patrocinadas polo concello, tras a resolución previa que así o declare
Membros da Asociación de Amigos do Arqueolóxico e do International Council of Museums
Membros da Asociación Española de Museólogos
Xornalistas, presentando acreditación
Persoal docente debidamente acreditado
Persoas usuarias da Tarxeta Turística
Persoas con carné da UDC
0 €
Entrada gratuíta
Todos os luns do ano
O Día Internacional dos Museos
Festivos locais
Semana da Ciencia e Semana da Ciencia na Rúa
Terceiro sábado de cada mes, entre outubro e xuño.
0 €
Horarios
Consulte os horarios de apertura da Torre de Hércules
Outubro a maio
De luns a domingo
Das 09.45 ás 17.00 h
Última venda ás 15.45 h
Xuño a setembro
De luns a domingo
Das 10.00 ás 21.00 h
Última venda ás 20.00 h
*Nota: as oficinas e a Torre de Hércules permanecerán pechadas o 24, 25 e 31 de decembro e os días 1 e 5 (tarde) e 6 de xaneiro.
En aplicación do Plan de autoprotección, o monumento permanecerá pechado con ventos de forza 7 ou superiores. Así mesmo, a terraza péchase cando os ventos superan a forza 5.
Acceso
As visitas están limitadas a 32 persoas cada media hora, a partir das 10.00 horas.
A venda anticipada no mesmo día pode dar lugar a que se cubra a capacidade diaria permitida antes da hora de peche. A Torre de Hércules informa as/os visitantes que prefiran mercar as súas entradas no momento de acceso directamente nos nosos despachos de billetes de que podería darse esta circunstancia, polo que non se lles podería permitir o acceso co fin de dar obrigado cumprimento á normativa vixente en canto a limitacións de capacidade.