Ara Solis, 1994 (Silveiro Rivas, Ponteareas, 1942)
Símbolo de tránsito, a porta é sempre a pasaxe entre vida e morte, luz e tebras, ignorancia e sabedoría. Pero neste caso adquire unha significación ampla, xa que está a facer referencia á existencia nunca comprobada dun altar dedicado ao sol no Finisterrae coruñés, vinculado tamén coa tradición xacobea.