29 de junio de 2025
A actuación consistiu na substitución das varandas do recinto e a creación de novas ramplas e escaleiras
O Concello vén de concluír as obras de mellora da accesibilidade e seguridade na Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias. O Concello destinou máis de 100.000 euros a acometer melloras en diversos puntos da Cidade Deportiva da Torre. Isto supón, entre outras accións, a renovación das barreiras de protección que hai na contorna dos campos de fútbol.
"Esta medida é fundamental para seguir avanzando no plan progresivo de renovación da Cidade Deportiva iniciado polo Goberno de Inés Rey", sinalou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes. Substituíronse as varandas deterioradas pola súa exposición ás condicións meteorolóxicas destes campos por unhas novas.
Ademais, leváronse a cabo diferentes medidas en materia de accesibilidade, adaptando as instalacións á normativa actual. Entre os traballos destaca a instalación de lousas podo-táctiles, o acondicionamento do firme e a creación de novas ramplas de acceso e escaleiras.
Con esta actuación, dáse cumprimento ás principais reclamacións dos usuarios e usuarias da cidade deportiva, onde xa se renovou o céspede artificial dos campos e tamén se instalou iluminación led de baixo consumo. Ademais, outra das peticións das persoas usuarias, a instalación dun espazo de lecer e restauración, tamén foi satisfeita o pasado ano 2023.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible