Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2023

Un grupo de 22 estadounidenses puido coñecer o faro romano máis antigo do mundo

A United States Lighthouse Society visita a Torre de Hércules

A organización sen ánimo de lucro, referente en EE.UU, fai parada na Coruña na súa viaxe polo norte de España

Este luns, a Torre de Hércules na Coruña recibiu a 22 estadounidenses afeccionados aos faros. O grupo, que forma parte da United States Lighthouse Society, puido coñecer o faro romano máis antigo do mundo aínda en funcionamento nunha visita guiada.

Este mes de setembro, a entidade organizou unha viaxe polo norte de España, desde San Sebastián ata A Coruña. En total, o grupo fixo parada en 38 faros ao longo do Cantábrico e o Atlántico, entre os que non podía faltar a Torre de Hércules. Este sinal marítimo, construído na segunda metade do século I d.C, é Patrimonio Mundial da UNESCO desde 2009.

Segundo explica Henry Gonzalez, vicepresidente da asociación, o faro coruñés é dabondo coñecido entre os norteamericanos. No seu percorrido, decidiron que A Coruña fose unha das súas últimas paradas (a viaxe terminará mañá martes en Fisterra), como colofón debido á importancia histórica e cultural da Torre de Hércules. A súa visita á cidade herculina enmárcase nun dos tres viaxes internacionais que a US Lighthouse Society organiza cada ano. Este 2023, a agrupación visitou tamén Islandia e Irlanda e regresou a España despois de 20 anos.

A United States Lighthouse Society

A United States Lighthouse Society é a asociación de amigos dos faros máis grande do país norteamericano. Sen ánimo de lucro, esta organización ten como obxectivo dar a coñecer a riqueza e o legado dos faros estadounidenses e axudar á súa conservación.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión