Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xuño de 2025

O Plan de conservación para o ENIL da Torre de Hércules apostará pola máxima protección da contorna e polo desfrute da cidadanía

Manteranse os usos públicos que acolleu sempre: o paseo, a estancia nas zonas de descanso, o sendeirismo e o ciclismo individual tanto nos sendeiros do ENIL como nos accesos á costa

A recente declaración da contorna da Torre de Hércules como Espazo Natural de Interese Local protexerá a biodiversidade e a riqueza ecolóxica da segunda zona do litoral urbano que recibiu esta especial protección tras as illas de San Pedro á vez que permitirá que a cidadanía siga gozando dunha das zonas favoritas para o paseo e o deporte ao aire libre e en contacto coa natureza.

"O Plan de Conservación elaborado polo Concello, que é o documento básico no que se baseou a declaración do ENIL, aumenta o nivel de protección sobre as especies de flora e fauna pero mantén que a contorna da Torre sexa un espazo de uso e goce pola cidadanía", explicou a alcaldesa, Inés Rey.

"Hai que protexer as zonas prioritarias de conservación nas que calquera actividade comprometería os hábitats e as especies e nas que os únicos usos permitidos serán os de xestión ambiental e os científicos", sinalou Rey. Manteranse, iso si, os usos públicos que acolleu sempre a contorna: o paseo, a estancia nas zonas de descanso, o sendeirismo e o ciclismo individual tanto nos sendeiros do ENIL como nos accesos á costa.

Neste sentido, Rey lembrou que o Plan establece que se acoutarán unha rede de sendeiros, suprimiranse os carreiros secundarios formados polo uso espontáneo e evitarase que se xeren sendas novas. "Na rede de sendeiros poderase levar a pasear aos cans sempre que se cumpra o previsto na ordenanza de animais: con correa e recollendo as súas deposiciones", agregou. Tamén poderán facerse fotografías, gravar imaxes ou sons de forma non profesional e que non precisen de elementos auxiliares.

Ademais, poderán autorizarse outros usos de carácter social, cultural e deportivo como visitas guiadas, xogos, festas e eventos, tanto na rede de sendeiros como nas áreas habilitadas para uso público. Tamén poderán autorizarse, e recóllese expresamente no Plan como un dos obxectivos xerais, as actividades educativas ou de voluntariado que fomenten o coñecemento e a conservación do espazo. Neste sentido, a alcaldesa lembrou que hai "actividades de voluntariado ambiental que contribuíron de forma decisiva á protección da contorna da Torre desde hai anos, como o traballo que realiza o Grupo Naturalista Hábitat en colaboración co Concello retirando especies invasoras como a unlla de gato".

Tamén poderán autorizarse as actividades audiovisuais de carácter non profesional ou profesional que impliquen o uso de elementos ou equipos auxiliares como focos ou pantallas reflectoras e o voo de cometas.

Como usos prohibidos, Rey destacou o paso por sendas distintas das establecidas; levar aos cans soltos e a súa entrada nas praias do ámbito do ENIL; a acampada e as actividades pirotécnicas; as prácticas vandálicas e as pintadas; actividades de supervivencia e paintball; o uso de vehículos de motor, incluíndo patinetes; aparcar caravanas e o emprego de megafonía ou altofalantes salvo os do servizo de socorrismo e emerxencias. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión