26 de junio de 2025
Este venres, 27 de xuño, o faro iluminarase de azul con motivo do seu aniversario
Este venres, 27 de xuño, a Torre de Hércules celebrará o seu 16º aniversario como Patrimonio Mundial pola UNESCO. Con motivo desta efeméride, o Goberno de Inés Rey deseñou unha programación cultural que reforza A Coruña como cidade histórica.
Durante a madrugada do 27, o faro romano máis antigo do mundo que aínda está en funcionamento iluminarase de azul, unha acción que dará paso a unha fin de semana onde as recreacións sobre os mundos civil e militar romanos adquirirán un gran protagonismo. Esta actividade, tamén coñecida como Ave Crunia, está organizada polas asociacións culturais Gallaecia Viva e Royal Green Jackets.
Os primeiros actuarán o sábado 28 durante toda a xornada, de 11:30 a 21:00 horas. En total serán 32 os recreacionistas que mostrarán ao público asistente a vida cotiá en Roma a través de xogos, obradoiros e mesmo unha loita de gladiadores. Por outra banda, dez participantes dos Royal Green Jackets interactuarán cos asistentes instalando un campamento militar romano con roldas de lexionarios e con actividades dinámicas para os máis pequenos. Tamén recrearán o Século de Ouro. Neste caso, a asociación desenvolverá ou seu traballo o sábado 28 de 11:30 a 21:00 e o domingo só de mañá e a partir das 11:30 horas.
Por suposto, non faltará o teatro ao pé da Torre. Noite Bohemia realizará o sábado, a partir das 18:00 horas, un roteiro pola contorna do faro para facer un percorrido desde o pasado ata o século XXI, cando a Torre se converteu en Patrimonio Mundial. Ás 21:00 horas, na rotonda de Breogán, encandearán ao público con Electra, de Sófocles.
Por outra banda, Corzo Producciones tamén elevará o teatro este sábado nas escaleiras da Torre. Farao con Anfitrión, de Plauto, ás 17:00 horas.
Arte e Intelixencia Artificial na Torre de Hércules
A programación cultural para celebrar o 16º aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio non remata en xuño. Do 15 de xullo ao 31 de agosto, o interior deste faro milenario acollerá Everthing Flows, Nothing Dies do artista dixital Maotik. Co comisariado de Hito Cultura e Tecnoloxía, Maotik traerá á Torre unha iniciativa artística coa que reafirmar o emblema da cidade como espazo patrimonio de vangarda a través do uso da luz e das linguaxes artísticas.
A performance Everithing Flows, Nothing Dies contará con pantallas como soporte que xogarán coa luz como elemento inmutable dentro dun mundo hiperconectado e partindo da dinámica do oceáno Atlántico para crear imaxes autoxenerativas a través de IA.
23 de junio de 2025
18 de junio de 2025
16 de junio de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible