Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de agosto de 2025

A Cidade Deportiva da Torre acollerá en setembro o Campus Solidario Fundación Álvaro Morata, unha actividade promovida polo Concello e centrada na educación en valores a través do deporte

O campus desenvolverase do 1 ao 5 de setembro na Cidade Deportiva da Torre e está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2018

A Cidade Deportiva da Torre acollerá entre o 1 e o 5 de setembro unha nova edición do Campus Solidario Fundación Álvaro Morata, unha actividade organizada pola empresa PA Team Soccer Spain, coa implicación da Fundación Álvaro Morata, entidade presidida polo capitán da Selección Española de Fútbol, e a colaboración de entidades públicas e privadas.

O campus, organizado pola empresa PA Team Soccer Spain, está dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 15 anos e combina a práctica deportiva co lecer educativo e a formación en valores como a solidariedade, a amizade e o compañeirismo, baixo o lema "Ningún problema é só dos demais".

O Concello da Coruña colabora coa organización deste campus no marco das súas políticas de apoio á infancia e acceso igualitario ao lecer educativo que impulsa o Goberno de Inés Rey. Esta colaboración inclúe, entre outras accións, a participación de dez menores da cidade que accederán ao campus de forma gratuíta a través dos servizos sociais municipais, garantindo a súa inclusión na actividade.

Esta acción enmárcase na liña de traballo do executivo local, centrada en fomentar actividades que combinen deporte, educación e inclusión social, especialmente durante os períodos non lectivos. O goberno municipal reafirma así o seu compromiso coa infancia e co deseño de políticas públicas que cheguen a todos os barrios e a todas as realidades sociais da cidade.

Ademais da colaboración institucional, o campus conta co apoio de empresas como Adidas, El Pulpo e Cabreiroá.

As inscricións xa están abertas e poden formalizarse a través da web oficial da fundación: https://fundacionmorata.org/reserva-de-plaza-on-line/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión