Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inauguración do congreso.

Máis de 400 expertos en radioloxía médica danse cita nun congreso na Coruña

“É unha aposta firme por parte do Goberno Inés Rey de situar A Coruña como referente no ámbito congresual”, apuntou o concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego

Cando:

31 de maio de 2023

Expertos e expertas en radioloxía médica participan nun congreso inaugurado hoxe en Palexco. Trátase das III Xornadas SERAM-ARRS: "Avances en radioloxía médica", un encontro de especialistas neste ámbito da medicina que se prolongará ata o venres. Neste foro de ámbito internacional, con relatores de distintas procedencias, como Estados Unidos, poñeranse sobre a mesa as novidades no campo da radioloxía médica e as novas tecnoloxías. Organizado pola Sociedade Española de Radioloxía Médica (SERAM) este congreso conta coa colaboración do Concello da Coruña a través do Consorcio de Turismo e Congresos da cidade

Estas xornadas son a consolidación dunha intensa actividade internacional da SERAM, cun programa científico de primeiro nivel e con relatores tanto españois como americanos que explicarán todas as posibilidades que a RM permite no día a día.

Máis de 400 profesionais deste campo da medicina danse cita estes días na cidade, unha cidade que se consolida con cada congreso como destino MICE. Como apuntou o concelleiro de RR Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, hoxe na inauguración deste foro, A Coruña "é unha cidade que se toma moi en serio a capacitación tecnolóxica e o desenvolvemento das novas intelixencias, sempre desde o talento, desde as persoas, para construír unha intelixencia artificial desde a ética e que ao mesmo tempo contribúa a mellorar a calidade de vida das persoas".

Borrego quixo agradecerlle á organización destas xornadas a elección da Coruña. "É unha aposta firme por parte do Goberno de Inés Rey de situar A Coruña como referente no ámbito congresual", apuntou o concelleiro de Turismo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión