Concello da Coruña

Concello da Coruña
Acto inauguración XXX Congreso SEMG 2024

Acto de inauguración do XXX Congreso SEMG na Coruña

Inés Rey anima os 2.500 médicos do XXX Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia a gozar da ampla oferta cultural da cidade

“Os médicos de familia sodes os profesionais máis próximos ao paciente”, sinalou a alcaldesa durante a inauguración

Cando:

13 de xuño de 2024

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu a inauguración do XXX Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia, que se terá lugar desde hoxe e ata o bado en Palexco, coa presenza de 2.500 profesionais do sector e a confirmación doutros 1.500 que seguirán os relatorios por streaming. A rexedora destacou a fortaleza da Coruña como cidade organizadora de grandes eventos profesionais e congresos MICE, que supoñen un grande impacto económico e social.

"Os médicos de familia sodes os profesionais más próximos ao paciente e xerades vínculos prolongados con moitos deles", apuntou Inés Rey, que quixo poñer en valor o papel destes profesionais durante a pandemia da COVID-19. As cifras do XXX Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia mostran a súa relevancia. Durante as xornadas impartiranse un total de 237 sesións a cargo de 128 expertos e doce das devanditas sesións podrán ser seguidas por streaming, para as que hai inscritas 1.500 persoas más. O mero de comunicacións aceptadas polo comité científico ascende a 808.

A rexedora desexou aos participantes que o congreso sexa frutífero e contribúa á mellora do sector sanitario, mais tamén animou os facultativos e facultativas a gozar da ampla oferta cultural e de lecer que ofrece a cidade. A organización do evento cifrou en 3 millóns de euros o retorno económico para a cidade da cita.

A Coruña, cidade referente no turismo MICE

Os eventos MICE seguen avalando A Coruña como a cidade ideal para albergar congresos e feiras, situando a urbe á vangarda en temas de investigación e avance científico ou tecnoloxías emerxentes. De feito, o Goberno de Inés Rey  aposta desde o 2019 polo fomento deste tipo de turismo, o MICE, atraendo congresos de tanta relevancia coma este.

Durante os próximos meses hai programados varios congresos de relevancia nacional e internacional como o 69º Congreso da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria ou Ecosystems 2030.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión