Concello da Coruña

Concello da Coruña
safdgfdsga

Aprobado o texto da nova ordenanza reguladora das Vivendas de Uso Turístico na Coruña

A XGL dá luz verde a esta iniciativa, que deberá pasar polo Pleno municipal para a súa aprobación definitiva

Cando:

31 de xaneiro de 2025

A alcaldesa, Inés Rey, informou en rolda de prensa de que a Xunta de Goberno Local celebrada este venres aprobou o texto da nova ordenanza reguladora das Vivendas de Uso Turístico (VUT). A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego. "Esta é unha medida que impulsamos coa intención de axudar a equilibrar o mercado de aluguer na cidade e aliviar os prezos actuais, atendendo ás dificultades existentes no acceso a vivenda", dixo a rexedora.

"Os prezos da vivenda están disparados, non só na Coruña, senón en moitas outras cidades do país, e ante isto cómpre que todas as Administracións públicas traballemos xuntas para dar un xiro de 180 graos á situación actual, porque hai familias vulnerables que case non se poden permitir o acceso a unha vivenda e isto tamén está a se converter case que nunha quimera para as mozas e mozos, polas dificultades para atopar un alugueiro a un custo asumible", sinalou Inés Rey.

A nova normativa das VUT na Coruña suporá que as vivendas de uso turístico non poderán estar situadas nunha planta inmediatamente superior a unha vivenda residencial. Si se permitirá o seu emprazamento en plantas primeiras ou baixas, atendendoás especificidades do Plan xeral en ámbitos como o PEPRI, e tamén se permitirá implantar as VUT en edificios destinados a este tipo de usos en exclusiva.

O Concello concederá un prazo de tres meses desde a entrada en vigor da ordenanza para que as persoas titulares de inmobles VUT poñan en orde ou obteñan a súa habilitación administrativa. No caso de que non cumpran coa normativa municipal marcada no texto desta ordenanza VUT, terán que dalos de baixa no Rexistro da Xunta de Galicia. Para a súa posta en práctica, a ordenanza VUT deberá pasar antes polo pleno para a súa ratificación definitiva.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión