A Coruña City Council

A Coruña City Council
Hbwgdsbsgdb

A formación Starband gaña o primeiro Torre 67 Fest da Escola Municipal de Música

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o xurado deste concurso de música moderna celebrado no Ágora

Dates:

29 of march of 2025

A formación Starband foi a gañadora da primeira edición do Torre 67 Fest, o concurso de música moderna que organiza a Escola Municipal de Música. A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o xurado desta gala, que encheu o auditorio do Centro Sociocultural Ágora. "O talento que puidemos ver esta tarde amosa o gran nivel existente na Escola, polo que quero felicitar a docentes e alumnado polo traballo que fan día a día", sinalou Inés Rey.

A finalidade deste concurso é fomentar, impulsar e dinamizar todas as actividades que se realizan no centro e amosar o traballo dos e das alumnas nas aulas. Participaron oito combos de música moderna e todos eles están integrados por alumnado da Escola. A formación gañadora representará este ano á área de música moderna na Gala da Escola de Música Municipal, que se celebrará o vindeiro 4 de abril no Teatro Colón.

Tras a deliberación do xurado, o primeiro premio foi para Starband, o segundo para Las Cookies e o terceiro para A Torre Jazz. Ademais, o público tamén puido votar a súa actuación favorita. O premio do público foi para A Torre Jazz..

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Follow us on

Iniciar sesión