Concello da Coruña

Concello da Coruña

Imaxe de arquivo do congreso ASEICA 2023 na Coruña

A Coruña, primeira cidade galega en acoller o Congreso SEUP con case mil profesionais especializados en Urxencias Pediátricas

A 28ª Reunión da Sociedade Española de Urxencias de Pediatría inaugurarase mañá en Palexco e continuará ata o sábado

Cando:

8 de maio de 2024

A Coruña acolle desde mañá, e ata o sábado, a 28ª reunión da Sociedade Española de Urxencias de Pediatría (SEUP), un congreso que chega a Galicia por primeira vez e no que se reunirán preto de mil profesionais nacionais e internacionais desta subespecialidade.

As instalacións de Palexco foron as elixidas para levar a cabo obradoiros, encontros con expertos, mesas redondas e asembleas. Baixo o lema 'Facendo realidade o aprendido', neste congreso poñerase o foco nos avances que conseguiu a SEUP desde a súa creación, a especialización dos profesionais, a investigación, a creación de protocolos de actuación ou a motivación laboral para os futuros especialistas en formación.

Ao final deste congreso internacional outorgaranse varios recoñecementos. É o caso do Comité Local que, durante o Acto de clausura da Reunión, fará entrega de premios dedicados ao mellor póster, á mellor comunicación curta, ao mellor traballo relacionado co tema da Reunión e tamén ao MIR/EIR con maior participación na Reunión.

A Coruña, a cidade dos congresos

Os eventos MICE seguen referendando A Coruña como a cidade perfecta para acoller congresos, feiras e reunións, situando a urbe á vangarda en temas de investigación e avance científico. De feito, o Goberno de Inés Rey aposta desde o 2019 polo fomento deste tipo de turismo, atraendo congresos de tanta relevancia como este.

O ano pasado, Palexco chegou a cifras récord reunindo a máis de 87.000 persoas. Este ano programáronse nas ditas instalacións case 30 congresos entre os que se desenvolverán, a curto prazo, algúns como o 69º Congreso da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria, o 34º Congreso Nacional da Sociedade Española de Fertilidade (SEF) ou a 30ª edición do Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia (SEMG).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión