Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña posiciónase como destino MICE de referencia coa celebración 36º Congreso de Organizadores Profesionais de Congresos e Eventos

Inés Rey: “A Coruña tiene todas las potencialidades para situarse en el top 5 de destinos MICE en España”

Cando:

22 de febreiro de 2024

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interviu hoxe na apertura do 36º Congreso Nacional de Organizadores Profesionais de Congresos (OPCE), o maior congreso de profesionais do sector a nivel nacional que terá lugar ate o próximo sábado 24 en Palexco. "Es un placer contar con más de 300 profesionales en la organización de congresos y eventos a nivel nacional. Un paso más en el posicionamiento de A Coruña como destino MICE", sinalou a rexedora. 

Baixo o lema 'COMPROMISO 360º', o sector aposta  pola necesidade de promover a responsabilidade social na organización de eventos como feito diferencial, atendendo a temáticas como a sostibilidade, a intelixencia artificial ao servizo do MICE, a xestión de patrocinios ou o compromiso das liñas aéreas reguladas baixo este tipo de turismo. A alcaldesa explicou que "A Coruña tiene todas las potencialidades para situarse en el top 5 de destinos MICE en España" e puxo en valor os diferentes recintos da cidade.

Lembrou que o pasado ano, Palexco chegou a cifras récord reunindo a máis de 87.000 persoas e que a data de hoxe hai case 30 congresos programados. Durante os vindeiros meses terán lugar na Coruña diferentes eventos como o 69º Congreso da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria, a 28ª Reunión da Sociedade Española de Urxencias de Pediatría (SEUP), o 34º Congreso Nacional da Sociedade Española de Fertilidade (SEF), a 30ª edición do Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia (SEMG), BioCultura ou Galicia Fórum Gastronómico. Rey destacou a celebración de encontros tecnolóxicos como un feito diferencial da estratexia turística da cidade, con foros como Mundos Digitales ou Ecosystems 2030, do que A Coruña é sede permanente. "Sin duda ya está siendo un gran revulsivo para la celebración de congresos tecnológicos en A Coruña", concluíu. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión