Concello da Coruña

Concello da Coruña

Degustación de produtos no posto de Saborea A Coruña

A Coruña mostra o seu potencial gastronómico na feira internacional Madrid Fusión

A Coruña en Madrid Fusión

No primeiro día desta feira internacional presentou as Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico-Reserva de Biosfera e o Festival do Bocadillo Gourmet, Boucatise

Cando:

23 de xaneiro de 2023

O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, mostra o seu potencial gastronómico na feira internacional Madrid Fusión, que se realiza desde hoxe ata o mércores no Instituto Feiral de Madrid. Participan nesta edición a cociñeira Sheila Barbeito, do Restaurante Roots, gañadora do Concurso de Tapas Picadillo 2022 na categoría creativa e finalista no Concurso Nacional de Tapas de Valladolid 2022 e o cociñeiro Gonzalo Cotelo, do Restaurante Morriña, gañador do Concurso de Tapas Picadillo en 2015; en 2019 destacado pola mellor tapa tradicional e en 2020 pola mellor tapa en categoría maridaxe. O Goberno de Inés Rei, que expuxo en Fitur a súa oferta cultural e de lecer para este ano, completa a presentación do potencial turístico da cidade en Madrid neste evento gastronómico cunha importante proxección tanto nacional como internacional.

Tras empezar o día cun Momento Almorzo no posto de Saborea A Coruña con Bica de Amasarte, o cociñeiro Gonzalo Cotelo encargouse do Taller de tapas Picadillo "Mar e Terra". Na Sesión Vermú: degustación de Queixo Cagiao aderezado con produtos de Acastrexa, Patacas Bonilla á vista e Vermú Ecolóxico Lodeiros.

Ademais da degustación de produtos, talleres e demostracións en directo, A Coruña presentará nesta feira internacional as xornadas e eventos gastronómicos que se realizan na cidade ao longo do ano. Hoxe é a quenda das Xornadas Territorio Atlántico-Reserva de Biosfera e tamén hai un espazo para Boucatise, Festival do Bocadillo Gourmet.

Pola tarde, no posto coruñés, o público poderá degustar Torta de nata de Amasarte e Infusións Orballo no Momento Doce. Para terminar a xornada: "Berberechos á feira maridados con viños Pagos de Brigante".

Durante os tres días de Madrid Fusión ofreceranse no posto de Saborea A Coruña produtos da Lonxa da Coruña, Bodegas Pagos de Brigante, Bodegas Bordel, Vermut ecolóxico Lodeiros, Acastrexa, Os Biosbardos, Conservas La Pureza, PortoMuíños, Quesos Cagiao, Infusiones Orballo, Bonilla a la vista, La Empanada Viajera e Amasarte.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión