A Coruña City Council

A Coruña City Council
inspección Pescaderia

A concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, acompañou a un equipo da Policía Local e un equipo de emerxencias polo barrio da Pescadería.

O Concello reforza o control das terrazas para garantir o acceso dos servizos de emerxencia

A concelleira Montserrat Paz acompañou hoxe a efectivos da Policía Local e dos servizos de emerxencias para comprobar o respecto á normativa

Dates:

25 of june of 2025

O Concello da Coruña continúa a intensificar as accións destinadas a preservar a seguridade e a orde no espazo público. Esta mañá, a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, acompañou a un equipo da Policía Local e un equipo de emerxencias polo barrio da Pescadería, para facer unha inspección do cumprimento da normativa e da ocupación de solo público.

A inspección tivo como finalidade verificar que a disposición das terrazas nos establecementos hostaleiros garante o paso dos vehículos de emerxencia. A maioría dos locais delimitan correctamente os espazos autorizados mediante marcas viarias. En aqueles casos nos que se detectaron incumprimentos, o persoal municipal trasladou as indicacións necesarias para corrixilos de inmediato.

Nunha cidade comprometida coa seguridade e a convivencia, o goberno de Inés Rey mantén unha liña de actuación constante para asegurar que o uso do espazo público se axuste ás condicións legais e favoreza a mobilidade e a resposta ante calquera eventualidade.

Estas inspeccións forman parte dun traballo preventivo e sostido que busca garantir que A Coruña siga sendo unha cidade accesible, ordenada e preparada para facer fronte a situacións de urxencia coas máximas garantías.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Follow us on

Iniciar sesión