A Coruña City Council

A Coruña City Council
ghnfgsnf

O Concello pon en marcha unha campaña para atallar os comportamentos incívicos de quen non recolle as deposicións dos seus cans na cidade

Baixo o lema ‘Pode saír caro’ repartiranse 10.000 portabolsas e 5.000 botellas para facilitar que as persoas propietarias de cans non ensucien as rúas

Dates:

12 of june of 2025

O Goberno de Inés Rey está decidido a loitar contra a presenza de excrementos de cans nas rúas da Coruña con dúas armas complementarias: a concienciación cidadá e a aplicación rigorosa das sancións que figuran na Ordenanza de Protección e Tenencia de Animais.

"Na cidade temos 32.000 cans e non todos os seus propietarios cumplen coas obrigacións recollidas na ordenanza con respecto ás deposicións dos cans", explica a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira. "Unha minoría non as recolle nin as deposita nos contedores de orgánico, que é a forma correcta de facelo, e un número aínda maior non utiliza a botella de auga que hai que levar para diluír as miccións", agregou Neira, quen lembrou que a ordenanza se modificou precisamente para incluír esta última obrigación. Con Neira presentou tamén a campaña a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz.

A partir do luns 16 e baixo o lema 'Pode saír caro' o Concello pon en marcha unha campaña informativa na que advirte de que as sancións por non recoller as deposicións dos cans poden ser de 500 euros e ir aumentando ata os 30.000 se o infractor é reincidente.

"Desde o Goberno de Inés Rey queremos trasladar precisamente o custe de non cumprir a ordenanza: supón un esforzo de limpeza por parte do Concello, que calculamos en 360.000 euros ao ano; é daniño medioambientalmente porque os excrementos dos cans supoñen un risco de salubridade e provoca conflitos de convivencia cidadá. Por todas esas razóns, debe custarlle caro aos infractores", sinalou Neira.

Pola súa banda, a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, lembrou que aínda que "a campaña faise para concienciar, o Concello está disposto a aplicar as sancións na súa franxa máis alta".

"Imos estar moi vixiantes e haberá unha acción coordinada entre a Policía Local e os inspectores de Medio Ambiente, que percorrerán as zonas nas que detectamos máis incumprimentos e poderán chamar aos axentes para identificar os infractores", destacou Paz.

A campaña comezará o vindeiro luns 16 de xuño coa repartición de 10.000 dispensadores de bolsas e 5.000 botellas. Tamén se repartirán folletos informativos e haberá mensaxes nos medios de comunicación e redes sociais.

As reparticións realizaranse en dúas franxas horarias, que son as máis habituais para o paseo das mascotas: de 8:00 a 11.00 horas e de 19:00 a 22:00 horas.

Puntos de repartición:

Barrios

  • Xardíns de Méndez Núñez
  • Rúa Barcelona e arredores
  • Praza de Pontevedra
  • Barrio das Flores (zona rúa Violetas xunto a área canina)
  • Os Rosais (Praza Elíptica)
  • A Gaiteira
  • Catro Camiños
  • Paseo marítimo (Coraza)
  • Palavea (contorna Alcampo)
  • Castrillón (zona centro cívico)
  • Praza de España
  • Parque de Vioño
  • Sagrada Familia (Praza San Rosendo)
  • Parque de Oza
  • Matogrande (zona Eroski)
  • Praza de San Cristóbal

Áreas caninas e zonas de esparexemento

  • Parque de Eirís
  • Parque Europa
  • Parque de Santa Margarita
  • Parque de Bens
  • Novo Mesoiro

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Follow us on

Iniciar sesión