Este venres 7 ás 10.00 horas ábrense as primeiras inscricións para as actividades
7 of march of 2025
O Concello comeza a súa programación do programa Apego para estes meses, orientada a familias con crianzas de entre 0 e 6 anos, que se desenvolverán nas aulas e no auditorio do Centro Sociocultural Ágora. O programa Apego, organizado polo servizo de Normalización Lingüística, procura unha difusión de contidos culturais en galego, a dinamización da lingua e o contacto interxeracional a nivel idiomático para proporcionar un ambiente de inmersión lingüística para falantes habituais de galego e, tamén, para aquelas familias que buscan achegarse a el dun xeito lúdico, divertido e, por suposto, didáctico, xa que se tratarán temas como o ecoloxismo, a importancia da identidade propia ou os abusos que sofren os/as menores. "Desde o Goberno de Inés Rey estamos plenamente concienciados da necesidade de fomentar o uso do galego entre as xeracións máis novas e consideramos que as iniciativas culturais son as máis axeitadas para facelo", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
O programa Apego volve esta primavera cunha programación de gran variedade para público infantil: teatro, contos, obradoiros e música estarán presentes na oferta cultural do Servizo de Normalización Lingüística. Abrirá este novo ciclo de actividades, o martes 11 de marzo, a peza 'A libraría máxica', da compañía Inventi Teatro, que lles fará unha homenaxe ao pequeno comercio e ás tendas de barrio e lles achegará ás crianzas o amor pola literatura e a lingua galega.
As inscricións para asistir ao evento está operativa desde hoxe ás 10.00 horas, na seguinte ligazón. A programación continuará ata rematar maio, cos seguintes espectáculos e obradoiros:
Todas as actividades son de balde con inscrición previa ata completar a capacidade.