O programa municipal, que comezou en maio, continúa este luns, 9 de xuño, cun curso centrado na comercialización de produtos e servizos
11 of july of 2025
Os centros de formación profesional que desexen participar no Programa de Difusión da Cultura Emprendedora INICIA que organiza a Concellería de Emprego , Comercio e Mercados, xa poden realizar a súa inscrición.
O Programa Inicia ten como destinatarios o alumnado de ciclos formativos e de ensinos especiais da cidade. Os participantes realizarán un proxecto empresarial e analizarán a súa viabilidade co apoio de persoal especializado.
A formación do programa desenvolverase durante os meses de setembro a decembro da seguinte forma:
Os 15 mellores proxectos serán seleccionados para participar na Feira de Ideas, que se celebrará entre o 23 e o 26 de febreiro no Fórum Metropolitano.
Ademais, o concello entregará os Premios "Formación para Emprender" aos 3 mellores proxectos, ao centro máis implicado e ao profesor que tutorizó o proxecto gañador.
As inscricións para participar pódense realizar a través do formulario picando nesta ligazón.
O prazo de inscrición finaliza o 3 de setembro de 2025.
CONTACTO:
Departamento de Promoción Económica
Enlaces relacionados