Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

CINENTERRAZA - Cult-movies 2025

CINENTERRAZA - Cult-movies 2025

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/07/2025 ata o 24/07/2025

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné xove+ 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

** Para aplicar os descontos, é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA

EN SALAS DE CINEMA

  • Puntualidade. Unha vez comezada a proxección, non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma.
  • Ao acceder á sala de cinema, poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións, excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos nin bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan o resto do público.
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións necesarias.
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas pola persoa responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

2 de xullo de 2025

LA PASSION DE JEANNE D'ARC (La pasión de Juana de Arco), de Carl Theodor Dreyer

Con María Falconetti e Eugene Silvain

Francia, 1928

110 minutos - VOSE

Non recomendada para menores 13 anos

Invitada: Carmen Branco Sanjurjo

3 de xullo de 2025

LLE SILENCE DA MER (El silencio del mar), de Jean-Pierre Melville

Con Howard Vernon, Jean-Marie Robain

Francia, 1949

83 minutos - VOSE

Apta para todos os públicos

Convidado: Pablo Fontenla

9 de xullo de 2025

UNDER THE VOLCANO (Bajo el volcán), de John Huston

Con Albert Finney e Jacqueline Bisset

Estados Unidos, 1984

109 minutos - VOSE

Non recomendada para menores 13 anos

Convidado: Moncho Bargo

10 de xullo de 2025

OHAYO (Buenos días), de Yasujirö Ozu

Con Chishu Ryu e Kujiko Miyake

Xapón, 1959

94 minutos - VOSE

Apta para todos os públicos

Convidado: Juanillo Esteban

16 de xullo de 2025

SCARLET STREET (Perversidade), de Fritz Lang

Con Edward G. Robinson e Joan Bennet

Estados Unidos, 1945

97 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 7 anos

Invitada: Laura Seoane

17 de xullo de 2025

THE BROOD (Cromosoma 3), de David Cronenberg

Con Oliver Reed e Samantha Eggar

Canadá, 1979

92 minutos - VOSE

Non recomendada para menores 16 anos

Invitada: Matilde Rodríguez

23 de xullo de 2025

THE ADICTION, de Abel Ferrara

Con Lili Taylor e Christopher Walken

Estados Unidos, 1995

82 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 18 anos

Invitada: Cris Bal Boa

24 de xullo de 2025

SOMMAREN MED MONIKA (Un verano con Mónica), de Ingmar Bergman

Con Hamet Andersson e Lars Ekborg

Suecia, 1953

93 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 7 anos

Invitada: Bea Lema

VENDA DE ENTRADAS:

- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos): de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h

- Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: día de proxección desde media hora antes, a condición de que queden entradas dispoñibles.

- Venda en liña: www.ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende: Selecciona fecha

Ata: Selecciona fecha

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible