Quen é quen

Breogán

¡Fallaches! Inténtao de novo.

Hércules

¡Gañaches!

Na mitoloxía grega Heracles era un heroe e semideus, fillo de Zeus e Alcmena. Na mitoloxía romana chamábaselle Hércules. Pode dicirse que foi o máis grande dos heroes da mitoloxía clásica e a súa extraordinaria forza era o seu atributo máis importante.

Hércules medrou, casou e matou a súa dona nun acceso de loucura. Para expiar o seu crime, Euristeo, rei da cidade grega de Tirinto, impúxolle doce fazañas ou traballos, entre eles matar a Xerión e apoderarse do seu gando de touros.