Quen é quen

Breogán

¡Gañaches!

Breogán é o nome dun mítico rei celta de Galicia. Segundo esta lenda, o rei Breogán construíu na cidade de Brigantia (A Coruña), situada na Península Ibérica, unha torre de tanta altura (Torre de Hércules) que os seus fillos, Ith e Bile, podían ver Irlanda desde o cume, lugar ao que partiron e onde Ith sería asasinado. En vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán e sobriño de Ith, navegaron desde Brigantia a Irlanda e conquistárona.

Hércules

¡Gañaches!

Na mitoloxía grega Heracles era un heroe e semideus, fillo de Zeus e Alcmena. Na mitoloxía romana chamábaselle Hércules. Pode dicirse que foi o máis grande dos heroes da mitoloxía clásica e a súa extraordinaria forza era o seu atributo máis importante.

Hércules medrou, casou e matou a súa dona nun acceso de loucura. Para expiar o seu crime, Euristeo, rei da cidade grega de Tirinto, impúxolle doce fazañas ou traballos, entre eles matar a Xerión e apoderarse do seu gando de touros.

Xerión

¡Fallaches! Inténtao de novo.