Visitas á Torre
Entradas
Venda de entradas no Centro de Información e Atención ao Visitante (CIAV) a partir das 9.45h.Luns, entrada libre. É necesario recoller o ticket no punto de venda do CIAV.
Horario
De luns a domingoDe outubro a maio: de 10.00 a 18:00 (última visita ás 17:15h)
De xuño a setembro: de 10:00 a 21:00 (peche de entrada ás 20:00h)
Acceso
As visitas están limitadas a 32 persoas cada media hora, sendo a primeira ás 10.15h.A venda anticipada no mesmo día pode dar lugar a que se cubra o aforamento diario permitido antes da hora de peche. A Torre de Hércules informa os visitantes que prefiran comprar as súas entradas no momento de acceso directamente nos nosos despachos de billetes* que podería darse esta circunstancia, polo que non se lles podería permitir o acceso co fin de dar obrigado cumprimento á normativa vixente en canto a limitacións de aforamento.
En aplicación do Plan de Autoprotección, o monumento permanecerá pechado con ventos de forza 7 ou superiores. Así mesmo, a terraza péchase cando os ventos superan a forza 5.
Visitas guiadas
A Torre de Hércules ofrece a posibilidade de realizar unha visita guiada polo monumento. O horario destas visitas é 11.45h e 17h (20h no horario de verán). Estarán limitadas a 16 persoas e terán unha duración dunha hora.Tarifas
Tarifa xeral: 3 €Tarifa reducida: 1,50 €
Aplicarase nos seguintes casos:
- Menores de 16 anos, titulares de Carné Xove e maiores de 65 anos.
- Titulares do Carné Internacional de Estudante (ISIC) ou Carné Internacional de Profesor (ITIC).
- Persoas en situación legal de desemprego, con presentación de documento acreditativo (España e EU).
- Membros de familia numerosa, con presentación de documento acreditativo.
- Grupos de máis de 20 persoas en visita, previamente concertada.
- Os días e nos casos que estableza a Xunta de Goberno.
- Grupos educativos do municipio da Coruña en visita previamente concertada.
- Entradas para os profesores responsables dos grupos ou guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, previa presentación do seu carné.
- Persoas con algunha minusvalía física ou psíquica, previa acreditación.
- Visitas patrocinadas polo Concello, previa resolución que así o declare.
- Visitas de membros da Asociación de Amigos do Arqueolóxico e do International Council of Museums.
- Visitas de membros da Asociación Española de Museólogos.
- Semana da ciencia e Semana da ciencia na rúa.
- Terceiro sábado de cada mes, entre outubro e xuño.
- Xornalistas, presentando acreditación.
- Persoal docente debidamente acreditado.
- Usuarios da Tarxeta turística.
- O Día Internacional dos Museos.
- Todos os luns do ano.
- Festivos locais
- Persoas con carné da UDC