A Torre de Hércules expón os carteis de Viñetas desde o Atlántico

16 de agosto de 2017

Exposición Viñetas desde o Atlántico

Até o 10 de setembro próximo, os visitantes da Torre de Hércules terán ocasión de ver a exposición de carteis de Viñetas desde o Atlántico.

Desde o ano pasado, o monumento tense sumado aos espazos expositivos do salón coruñés de banda deseñada.   

Desde o 7 de agosto, comezandopola recepción ata a Sala Giannini, téñense colocados os 20 carteis que promocionaron Viñetas durante todos estes anos. Dende o seu inicio, a organización determinou que o único requisito que se ía poner aos autores dos carteis sería que aparecerá a torre dalgúnxeito, detalle que se pode agora observar no conxunto da exposición.  

Viñetas desde o Atlántico cumpre este ano o seu 20 aniversario, consolidada como unha das citas obrigadas dos aficionados á banda deseñada