Rematado o período de proba dun novo sistema de ingreso na Torre

16 de agosto de 2017

Torre de Hércules

A partir de hoxe, mércores 16 de agosto, a Torre de Hércules da por finalizado o período de proba para implantar un novo sistema de ingreso no monumento.  

A experiencia que se levou adiante unha semana, serviu para tomar nota da casuística que se pode producir ao instaurar un sistema de quendas para ingresar ao monumento, que se espera poñer en funcionamento de cara á vindeira temporada, con asistencia de novas tecnoloxías. Entretando, continuarase atendendo ao público co sistema habitual. 

Durante os meses de xullo e agosto a afluencia de visitantes á Torre de Hércules está nunha media de 800 persoas diarias. Dado que a capacidade de acollida do monumento está establecida en 30 persoas, co sistema tradicional xenéranse colas que superan a hora de espera.

Aconséllase aos visitantes aproveitar as horas de menor afluencia, que soen ser as primeras da mañá (de 10.00 a 11.00) e as horas do mediodía (de 15.00 a 16.00). A Torre de Hércules está aberta ao público de 10.00 a 21.00, con última entrada ás 20.30.