A Torre de Hércules lanza un concurso de fotografía e vídeo “de outrora” con motivo do VIII aniversario

26 de maio de 2017

A Torre de Hércules lanza un concurso de fotografía  e video “de outrora” con motivo do VIII aniversario

O resultado darase a coñecer o vindeiro 23 de xuño

No mes de xuño a Torre de Hércules celebrará o oitavo aniversario da súa inclusión  na Lista do Patrimonio Mundial e como cada ano se organizarán actividades para celebralo. Á espera de dar a coñecer o programa final, a torre ven de lanzar as bases dun concurso de fotografía e vídeo para redes sociais, que premiará as imaxes de máis de trinta anos de antigüidade, preferidas polos internautas. 

O concurso deste anoten o obxectivo de sacar á luz imaxes pouco habituais do monumento, invitando para elo aos participantes a que dean a coñecer fotografías e vídeos antigos, entendendo como tales os que que se teñan realizadoata 1987 inclusive.

Escolleuse este ano para establecer un número redondo (fotos de polo menos 30 anos) e tamén porque foi en 1987 cando se produciu unha grande nevada, da que existen imaxes seguramente inéditas até o día de hoxe.

Outro dos obxectivos desta convocatoria, ademais de dinamizar as redes sociais do monumento, é afianzar o coñecemento do faro entre o público internacional, a través da utilización do hashtag #TBT, co que usuarios de redes sociais de todo o mundo publican fotos antigas os días xoves. A iniciativa denomínase ThrowbackThursday (TBT / xoves de outrora) no mundo virtual.

Os participantes terán que ser maiores de 18 anos, residir no territorio español e  deberán respectar as bases, que veñen de publicarse na páxina web da torre. O concurso desenvolverase entre o 1 e o 22 de xuño e as fotos e vídeos gañadores daranse a coñecer o 23 do mesmo mes. Os gañadores, tres por fotografía e tres por vídeo, serán aqueles que reciban mais Megusta e faranse acredores dun premio en metálico.

Bases legais do concurso de fotos VIII edición 

Bases legais do concurso de vídeos VIII edición 

Documento cesión de imaxe concurso de vídeos VIII edición